Actividades da exposición «BANG! 1940-2020»

13 Set, 2021

Como complemento da exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western, ofrécense varias actividades paralelas: unha visita guiada á exposición, a cargo de Ton Pedraz; un faladoiro sobre a temática da mostra, e mais unha conferencia sobre «Historia do cómic western» a cargo do escritor, xornalista e guionista Manuel López Poy.

«Bang! 1940-2020. Evolución do cómic western»

28 Xul, 2021

A exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western reúne unha escolma de máis dun centenar de publicacións do coleccionista coruñés Ton Pedraz. Amosa un percorrido de oitenta anos de evolución deste xénero, con exemplares de historias autoconclusivas e tamén de coleccións de series clásicas como Tex, Blueberry, McCoy, Ken Parker, Durango, El Llanero Solitario etcétera. Con elas, o western pasou de ser producido nas súas primeiras décadas por axencias editoriais, que en moitas ocasións usaban autores anónimos, ata acabar por se converter nun xénero reivindicador de nomes propios, con autores de primeira magnitude que elaboraron nel obras de gran calado. Esta exposición pode verse na Casa Museo Picasso desde o 26 de xullo ata o 20 de setembro de 2021. 

  «100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña»
  Exposición ‘Grafismos da pandemia’
  Chega a edición 2020 de Coruña Gráfica
  Vídeo resumo de Medicina Gráfica