A mostra 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña achéganos a este fito histórico a través da ilustración. A primeira parte da mostra está composta por dúas bandas deseñadas a cargo dos guionistas Manuel López Poy e Manel Cráneo (co asesoramento do historiador Xosé Alfeirán), e os ilustradores Alberto Taracido e Rubén Rial. A segunda parte é unha selección de ilustradores e ilustradoras, principalmente da plataforma Coruña Gráfica, que ofrecen a súa homenaxe artística de xeito desenfado e actual. Partindo do símbolo icónico, cada un deles dá a súa visión persoal da bandeira e dos diversos contextos en que se pode encontrar, prestando especial atención a algúns elementos propios da identidade galega. Os participantes son: Branda, Uxío Broullón, Aurora Cascudo, Iria do Castelo, Miguel Cuba, Alberto Díaz, Brais Fierro, Héctor Francesch, Alberto Guitián, Uxía Larrosa, Antón Lezcano, Jorge Peral, Perdivel, Xulia Pisón, Javier de la Rosa, Irene Sanjuán, Luis Sendón e Calros Silvar.
Tags:
ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada,