Vídeo sobre a mostra ‘A miña revista favorita’

26 Xan, 2022

Está xa dispoñible o vídeo sobre a exposición A miña revista favorita, que se puido visitar na Casa Museo Picasso da Coruña entre outubro e decembro do ano pasado. No vídeo, ademais de poder verse imaxes da exposición e todas e cada unha das portadas expostas, varios dos autores comentan por que escolleron a revista que elixiron para facer a súa homenaxe.

Tags: banda deseñada, ilustración, historia da BD

Exposición ‘Olladas da animación coruñesa’

14 Dec, 2021

O vindeiro xoves, 16 de decembro, ás 19.30, inaugúrase a mostra Olladas da animación coruñesa, producida por Coruña Gráfica en colaboración co Festival Animacción. Trátase dunha escolma de traballos do panorama autoral dedicado ao cinema de animación no ámbito coruñés. A selección inclúe diversos traballos de dirección artística realizados para diferentes tipos de producións, que van desde os videoclips ata as longametraxes, pasando polos videoxogos e as apps.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, animación, animación coruñesa

Exposición ‘100 anos da bandeira galega no Palacio municipal da Coruña’ en Sada

10 Dec, 2021

Desde hoxe ata o vindeiro 10 de xaneiro de 2022, pode visitarse na Casa da Cultura de Sada a mostra 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña, composta por dúas bandas deseñadas de recreación histórica e mais 18 ilustracións relativas a esta efeméride, todas elas realizadas ex profeso por autores coruñeses ou directamente relacionados coa cidade. A exposición, que se puido visitar este verán no Palacio municipal, impulsada polo Concello da Coruña, comeza agora unha itinerancia por diversos concellos da provincia, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada

Exposición ‘A miña revista favorita’

13 Out, 2021

A exposición reúne trinta dos máis importantes autores e autoras da BD española en homenaxe ás revistas de cómic históricas, desde o TBO ata El Jueves, pasando por Chicos, Tío Vivo, Tótem, 1984 ou Creepy. Cada un deles fai unha homenaxe ilustrada a revistas de cómic que foron dalgunha forma influentes no medio, e tamén, dalgún xeito, neles mesmos. A mostra acompáñase de exemplares físicos desas revistas cun breve texto contextualizador.

Tags: banda deseñada, ilustración, historia da BD

«Bang! 1940-2020. Evolución do cómic western»

28 Xul, 2021

A exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western reúne unha escolma de máis dun centenar de publicacións do coleccionista coruñés Ton Pedraz. Amosa un percorrido de oitenta anos de evolución deste xénero, con exemplares de historias autoconclusivas e tamén de coleccións de series clásicas como Tex, Blueberry, McCoy, Ken Parker, Durango, El Llanero Solitario etcétera. Con elas, o western pasou de ser producido nas súas primeiras décadas por axencias editoriais, que en moitas ocasións usaban autores anónimos, ata acabar por se converter nun xénero reivindicador de nomes propios, con autores de primeira magnitude que elaboraron nel obras de gran calado. Esta exposición pode verse na Casa Museo Picasso desde o 26 de xullo ata o 20 de setembro de 2021. 

Tags: banda deseñada

«100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña»

30 Xuñ, 2021

A mostra 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña achéganos a este fito histórico a través da ilustración. A primeira parte da mostra está composta por dúas bandas deseñadas a cargo dos guionistas Manuel López Poy e Manel Cráneo (co asesoramento do historiador Xosé Alfeirán), e os ilustradores Alberto Taracido e Rubén Rial. A segunda parte é unha selección de ilustradores e ilustradoras, principalmente da plataforma Coruña Gráfica, que ofrecen a súa homenaxe artística de xeito desenfado e actual. Partindo do símbolo icónico, cada un deles dá a súa visión persoal da bandeira e dos diversos contextos en que se pode encontrar, prestando especial atención a algúns elementos propios da identidade galega. Os participantes son: Branda, Uxío Broullón, Aurora Cascudo, Iria do Castelo, Miguel Cuba, Alberto Díaz, Brais Fierro, Héctor Francesch, Alberto Guitián, Uxía Larrosa, Antón Lezcano, Jorge Peral, Perdivel, Xulia Pisón, Javier de la Rosa, Irene Sanjuán, Luis Sendón e Calros Silvar.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada,

Chega a edición 2020 de Coruña Gráfica

15 Nov, 2020

Coruña Gráfica, censo e directorio de profesionais da ilustración gráfica no ámbito metropolitano da Coruña, cumpre 5 anos, e axiña presentará nova programación para celebralo. Este ano, por motivos de seguridade, preparamos o 100% das actividades en liña. Para comezar, o programa Treboada creativa online chega hoxe mesmo a través da nosa canle de Youtube.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, humor gráfico, animación

Vídeo resumo de Medicina Gráfica

27 Nov, 2019

Xa pode verse o vídeo que resume os tres días de actividades do ciclo Medicina Gráfica, con imaxes de varias das magníficas intervencións que compuxeron o programa.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Os participantes no ciclo Medicina Gráfica

06 Nov, 2019

Autores e autoras de banda deseñada que contan as súas experiencias persoais como pacientes, e tamén como médicos, e profesionais da medicina que promoven edicións ou o emprego da banda deseñada para difundir conceptos médicos son os perfís dos convidados ao ciclo Medicina Gráfica.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Preséntase o ciclo Medicina Gráfica

31 Out, 2019

A Domus acolle do 6 ao 8 de novembro, dentro do proxecto Coruña Gráfica, o ciclo Medicina Gráfica. As actividades inclúen proxeccións, mesas de debate, unha exposición, un obradoiro e a publicación dun libro, e céntranse na nova corrente científica que usa a banda deseñada como terapia e medio divulgativo sobre os temas relacionados coa saúde.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Dispoñible o catálogo da exposición ‘Desde Coruña con humor’

14 Mar, 2018

Está xa dispoñible para descarga a versión dixital do catálogo da exposición Desde Coruña con humor.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, catálogo

Vídeo resumo do ciclo «Desde Coruña con humor»

06 Mar, 2018

Xa está dispoñible o vídeo que serve de resumo do ciclo «Desde Coruña con humor», desenvolvido dentro do programa Coruña Gráfica entre novembro de 2017 e xaneiro de 2018.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, talleres, mesas redondas, charlas

Últimos días para visitar ‘Desde Coruña con humor’

26 Xan, 2018

A exposición Desde Coruña con humor, que foi inaugurada o pasado 30 de novembro no Centro Cultural Salvador de Madariaga, clausurarase o próximo mércores, 31 de xaneiro. 

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, exposición

Participantes na «Xornada de humor inocente»

23 Dec, 2017

Repasamos brevemente as traxectorias dos participantes na Xornada de humor inocente, que terá lugar no Centro Ágora o próximo día 28, a partir das 18:00, dentro das actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor. A entrada é libre e gratuíta.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, charlas, mesas redondas

Xornada de humor inocente

22 Dec, 2017

O programa de actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor ten unha nova cita cunha serie de charlas e faladoiros o 28 de decembro, baixo o título de «Xornada de humor inocente». A partir das 18:00 no Centro Ágora sucederanse intervencións de persoeiros do humor gráfico galego e estatal, como Siro López, Manel Fontdevila, Santy Gutiérrez e Leandro Barea.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, charlas, mesas redondas

Participantes no encontro «Humor gráfico con tetas»

30 Nov, 2017

Presentamos as participantes nas dúas xornadas do encontro «Humor gráfico con tetas», que terá lugar mañá e o sábado, días 1 e 2 de decembro, na Casa Museo Casares Quiroga.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, talleres, mesas redondas

Mañá inaugúrase a exposición ‘Desde Coruña con humor’

29 Nov, 2017

Mañá, 30 de novembro, ás 19:30, inaugúrase a exposición Desde Coruña con humor no Centro Cultural Salvador de Madariaga, onde poderá visitarse ata o 31 de xaneiro. A mostra, que pretende ofrecer unha ollada ao humor gráfico coruñés na actualidade, recolle a obra de 18 ilustradores e ilustradoras.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, exposición

Encontro «Humor gráfico con tetas»

28 Nov, 2017

O programa de actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor comeza esta fin de semana co encontro «Humor gráfico con tetas», unha iniciativa «na procura de canles para reflexionar sobre feminismo potenciando o humor gráfico como ferramenta».

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, talleres, mesas redondas, charlas

«Obradoiros de humor inocente»

28 Nov, 2017

Dentro do programa de actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor, integrada no proxecto Coruña Gráfica, desenvolveranse tres obradoiros para rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, que terán lugar en tres bibliotecas municipais diferentes. Os prazos de inscrición ábrense unha semana antes da data de cada obradoiro.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, talleres

Novas actividades de Coruña Gráfica

27 Nov, 2017

Esta mañá presentáronse publicamente as novas actividades do proxecto Coruña Gráfica, que desde hoxe conta coa súa propia web con novas fichas de ilustradores e ilustradoras da cidade da Coruña e a súa área de influencia, así como versións da guía ampliada en PDF, tanto en versión bilingüe galego-castelán como en versión en inglés.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, talleres, mesas redondas, guía

Patrimonio Vivo

31 Out, 2017

O resultado da publicación que aquí tedes, auténtico privilexio para o Concello e a Deputación da Coruña, contén a esencia dun triunfo indiscutido: o de varias xeracións de creadores coruñeses ou vinculados á Coruña.

Tags: creadores coruñeses, banda deseñada, animación, ilustración

O pulo da ilustración coruñesa actual

30 Out, 2017

Profesionais que están a triunfar en mercados internacionais moi esixentes, en calquera dos ámbitos, desde a ilustración tradicional ata a banda deseñada e a animación.

Tags: ilustración, obra gráfica, banda deseñada, animación, autodidactismo, creatividade