A exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western reúne unha escolma de máis dun centenar de publicacións do coleccionista coruñés Ton Pedraz. Amosa un percorrido de oitenta anos de evolución deste xénero, con exemplares de historias autoconclusivas e tamén de coleccións de series clásicas como Tex, Blueberry, McCoy, Ken Parker, Durango, El Llanero Solitario etcétera. Con elas, o western pasou de ser producido nas súas primeiras décadas por axencias editoriais, que en moitas ocasións usaban autores anónimos, ata acabar por se converter nun xénero reivindicador de nomes propios, con autores de primeira magnitude que elaboraron nel obras de gran calado. Esta exposición pode verse na Casa Museo Picasso desde o 26 de xullo ata o 20 de setembro de 2021.
Tags:
banda deseñada