DATOS DA EMPRESA

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, DEMO EDITORIAL (Manuel Pena Villar, NIF 32823150-B) infórmalle que os seus datos identificativos son os seguintes:

Denominación social: Manuel Pena Villar (DEMO EDITORIAL)

Domicilio social: Avda. Gramela, 19, baixo, 15010 A Coruña

Teléfono: 981 928 167

Correo electrónico a efectos de comunicación: info@demoeditorial.com

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e DEMO EDITORIAL consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular DEMO EDITORIAL.

A navegación pola web de DEMO EDITORIAL atribúe a condición de usuario desta e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto; non obstante, DEMO EDITORIAL condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web a cubrir previamente o correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía e software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a DEMO EDITORIAL, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre estes máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a DEMO EDITORIAL e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a DEMO EDITORIAL ou fronte a terceiros, de calquera dano ou perda que puidese causarse como consecuencia do incumprimento de esa obriga.

POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

DEMO EDITORIAL non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través das ligazóns establecidas na súa web e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.

DEMO EDITORIAL declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que puideren derivarse, aos usuarios da súa web, da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, DEMO EDITORIAL non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

USO DE ‘COOKIES’ E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

A estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo Provedor de Servizos de Internet de DEMO EDITORIAL. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións más visitadas. DEMO EDITORIAL non utiliza cookies para recoller información dos usuarios desde a súa páxina web nin rexistra os seus enderezos IP.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, e pode, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á web de DEMO EDITORIAL non será preceptiva a instalación de cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade de DEMO EDITORIAL con domicilio en Avda. Gramela, 19, baixo, 15010 A Coruña, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade dese ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que DEMO EDITORIAL poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza que se lle envíe información e comunicacións comerciais a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos produtos e servizos da empresa.

Así mesmo, DEMO EDITORIAL cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a DEMO EDITORIAL, no seguinte enderezo: Avda. Gramela 19, baixo, 15010 A Coruña, ou ben a través do seguinte correo electrónico: info@demoeditorial.com, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

DEMO EDITORIAL adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.