María Álvarez Hortas
«O cliente ideal sabe cal é o valor do tempo investido e confía nos coñecementos do ilustrador como profesional.»
Cartel para o Entroido, Concello da Coruña, 2018
Guía Game Over, Arabías S. Coop. Galega / Concello de Santiago de Compostela, 2018

Estudou na EASD Pablo Picasso da Coruña. Co colectivo Miñoco editou o fanzine colectivo Compota de Manatí. En solitario publicou tres volumes do fanzine autobiográfico ¿Hay alguien ahí? e realizou o proxecto didáctico sobre violencia machista na adolescencia Game Over. Participou na antoloxía de BD O puño e a letra, sobre poemas de Yolanda Castaño, e na mostra Desde Coruña con humor.

Obras destacadas

  • Game Over (cómic), Arabías S. Coop. Galega / Concello de Santiago, 2018
  • «Promesas» (cómic) en O puño e a letra, Edicións Xerais, 2018
  • Carteis do Entroido, Concello da Coruña, 2018
  • Cartel do Salón do Libro de Pontevedra, Concello de Pontevedra, 2016
  • Normativa de calidad de la planta ornamental de Galicia (ilustracións), Fundación Juana de Vega, 2013
  • Qué duda cabe (ilustracións), Víctor Grande, 2011