Grao en Belas Artes e mestrado en Álbum Ilustrado e Animación pola Universidade de Vigo. É realizador de curtametraxes como Cartas a Superman (2016) e Homomaquia (2019). Tamén utiliza a animación para realizar videoclips musicais, de artistas como Rodrigo Ramos, Delafé ou Bebo San Juan (alias de Emilio Aragón).
Obras destacadas
- Subiote (clip musical para Rodrigo Ramos), 2020
- Homomaquia, Abano Producións, 2019
- La vuelta al mundo (clip musical para Bebo San Juan), Caribe Music, 2019
- Cartel da 3.ª edición de Animacción (Festival de Curtametraxes de Animación da Coruña), 2019
- La gran ola (clip musical para Delafé), 2018
- Días y días (clip musical para Delafé), 2017
Premios
- Candidatura á Mellor Curtametraxe de Animación, Premios Goya (Homomaquia), 2020
- Biznaga de Prata e Premio do Público a Mellor Curtametraxe de Animación, Festival de Málaga (Homomaquia), 2020
- Premio á Mellor Curtametraxe de Animación, Festival de Cine y TV Reino de León (Homomaquia), 2020
- Premio Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Animación (Homomaquia), 2020
- Premio ao Mellor Videoclip, Festival Primavera de Cine (La vuelta al mundo), 2020