Quique López © Alberte Peiteavel
«As institucións públicas deben comezar por darlle á expresión gráfica no ensino a importancia que merece e que non ten, nin de lonxe.»
Portada de Hércules e o xigante. Unha torre de lenda, Hércules de Ediciones, 2019
Hércules e Breogán, ilustración en redes sociais, 2019

Arquitecto pola ETSA da Coruña, ilustrou varias obras de literatura infantil e xuvenil para Hércules de Ediciones, e publicou con esa mesma editorial como autor de textos e ilustracións Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Actualmente, compaxina debuxo e ilustración con actividades en bibliotecas e escolas para fomentar a lectura e desenvolver a creatividade a través da expresión gráfica.

Obras destacadas

  • «Os 40 pandémicos», serie de humor gráfico en redes sociais, 2020
  • Hércules e o xigante. Unha torre de lenda (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2019
  • Ring, ring...! Quen rima? (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2018
  • Vida Sa! Desde a infancia e para sempre (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2017
  • Clara e o rapto do solpor (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2017