David Saborido © Alberte Peiteavel
«A capacidade de comunicarme dunha forma totalmente distinta e creativa, y ver o produto final despois de tantas horas dedicadas, é a maior das motivacións.»
Hayao Miyazaki, promoción para o festival internacional de animación Animacción, 2020
«Imaxe do capitalismo». Curtametraxe Kleiner Lügner (Pequeno mentireiro), 2020

Cursou o ciclo de animación na Escola de Imaxe e Son. A súa primeira curtametraxe en stop motion foi O terceiro porco, gañadora do premio Mestre Mateo 2016. Traballou para diversas produtoras con clientes finais como Campofrío ou Estrella Galicia; en Algarabía Animación, para diversas canles de Youtube, con vídeos que se achegan aos 100 millóns de reproducións. Actualmente é freelance audiovisual e de animación, imparte talleres e cursos a docentes e alumnos de primaria e secundaria, e é portavoz da asociación de animadores Ánimas Anónimas.

Obras destacadas

  • Kleiner Lügner (Pequeno mentireiro) (curtam.: animación), 2020
  • Videoclip Ecoloxistas (Mamá Cabra) (curtam.: animación), Urdime, 2020
  • Queda na casa con Xurxo (curtam.: animación), Concello de Cambre, 2020
  • Fin de la cita (curtam.: animación), 2019
  • Galesauros (curtam.: animación), 2017
  • O terceiro porco (curtam.: animación), 2016

Premios

  • Candidatura á Mellor curtametraxe de animación, premios Mestre Mateo (Fin de la cita), 2019
  • Candidatura á Mellor curtametraxe de animación, premios Mestre Mateo (Galesauros), 2017
  • Premio CinEOI (Escola Oficial de Idiomas), Mellor curtametraxe (O terceiro porco), 2016
  • Premio Mestre Mateo á Mellor curtametraxe de animación (O terceiro porco), 2016
  • Premio EIS Carballeira á Mellor curtametraxe de animación (O terceiro porco), 2016