Marta Álvarez
«Gústame variar de proxectos e que cada un supoña un reto que me faga medrar.»
Els músics de Bremen, Editorial Barcanova, 2015
Els músics de Bremen, Editorial Barcanova, 2015

Licenciada en psicoloxía e de formación autodidacta, Marta Álvarez dedícase profesionalmente á ilustración infantil desde 2002. En 2007 foi seleccionada para participar na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava coa obra O souto do anano, publicada por Alfaguara-Obradoiro. Ten traballado para editoriais como Santillana, Edelvives, Oxford University Press, Xerais, Galaxia ou Baía. Actualmente forma parte do Estudio Baobab na Coruña.

Obras destacadas

  • Els músics de Bremen (ilustracións), Barcanova, 2014
  • Comença la Tardor! (ilustracións), Barcanova, 2014
  • Sopa de xarope de amora (ilustracións), Xerais, 2010
  • O souto do anano (ilustracións), Alfaguara-Obradoiro, 2007
  • A aspironeta (ilustracións), Xerais, 2005
  • ¡Como está o galiñeiro! (ilustracións), Xerais, 2002