Fenley (Fernando Mármol) © Alberte Peiteavel
«Matriculeime en Belas Artes porque me encanta debuxar, e continuei estudando narrativa porque me encanta escribir.»
Detalle da ilustración mural para o restaurante Abica, A Coruña, 2019
Páxina para o volume O picoto do pai, Retranca Editora, 2017

Despois de estudar o bacharelato artístico, cursou estudos de Belas Artes na Universidade de Vigo, Ilustración e Banda Deseñada na escola O Garaxe Hermético (Pontevedra) e un mestrado en Ilustración dixital en ESDIP (Madrid). Ademais de facer unha ilustración mural para o restaurante coruñés Abica, ten publicado en tres dos volumes colectivos editados dentro da colección Cornelius do Garaxe Hermético.

Obras destacadas

  • Infiniteca (cómic), Deputación de Pontevedra, 2020
  • Intraterra (cómic), Deputación de Pontevedra, 2019
  • Ilustración mural para o restaurante Abica, A Coruña, 2019
  • O picoto do pai (cómic), Retranca Editora, 2017

Premios

  • 1.º premio no Concurso de banda deseñada A Loba da Fada, Universidade de Vigo, 2016