Xulia Vicente
«O estado da ilustración é crecente en aceptación, uso e profesionalización, pero tirado por tendencias.»
Peza persoal da actividade Inktober, 2015.
Exposición Tropical, organizada por Mireia Pérez. Madrid, 2015.

Cursou o bacharelato artístico no IES Durmideiras da Coruña, e o grao de Belas Artes na Universitat Politècnica de Valencia. Participa en fanzines e autoedicións como Sacoponcho, Kokoro, Lis en Fleur ou Arròs Negre, e realiza encargos de ilustración para publicacións como Jot Down ou Catalist.

Obras destacadas

  • Anna Dédalus detective: El misterio de la mansión quemada (cómic), Andana Editorial, 2015
  • Sacoponcho 1 e 2 (cómic), autoedición, 2013-2014

Premios

  • 1.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2014
  • 1.º premio, Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2013
  • 1.º premio, Concurso de Cómic de Benimaclet, 2013