Alberto Vázquez
«A ilustración na actualidade: moita cantidade, bastante calidade, pouco traballo e pésimos prezos.»
Imaxe promocional de Decorado, curtametraxe de animación. Uniko Producciones, 2015.
Cartel de Psiconautas, longametraxe de animación. Zircozine, Basque Films, 2015.

Director de cinema de animación, ilustrador e debuxante de cómics. Os seus libros foron publicados en España, Francia, Italia, Brasil e Corea. Como ilustrador de prensa ten trabajado regularmente en publicacións como El País, La Voz de Galicia, Communication Arts ou Boston Globe. Como director, o seu traballo foi candidato en dúas ocasións aos Premios Goya, e conseguiu o Goya á mellor curtametraxe de animación en 2012. Gañou máis de 60 premios internacionais e a súa obra ten sido exhibida en prestixiosos festivais en todo o mundo, como Annecy, Clermont-Ferrand, Animafest Zagreb ou Slamdance. A súa primeira longametraxe, Psiconautas, está baseada no seu cómic do mesmo nome.

Obras destacadas

  • Psiconautas – Los niños olvidados (longam.), 2015
  • Sangre de unicornio (curtam.), 2013
  • La sombra sobre Innsmouth (ilustracións), Astiberri, 2012
  • Poe (ilustracións), Libros del Zorro Rojo, 2012
  • El evangelio de Judas (cómic), Astiberri 2010
  • Psiconautas (cómic), Astiberri, 2006

Premios

  • Selección, Festival de San Sebastián (Psiconautas), 2015
  • Best Experimental Animated Short, Chicago Film Fest (Sangre de unicornio), 2013
  • Mellor curtametraxe internacional, ExpoToons, Buenos Aires (Sangre de unicornio), 2013
  • Premio Goya á Mellor curtametraxe de animación (Birdboy), 2012
  • Premio do público – Mellor debuxo, Salón del Cómic de Barcelona (El evangelio de Judas), 2008