Guillermo Arias
«O importante é deixar fluír as imaxes que un leva dentro, a beleza e a elegancia.»
Inédita, 2020
Inédita, 2014

Para o estudio coruñés Sysvisions realizou traballos de identidade gráfica e ilustracións para clientes como Concello da Coruña, Abanca, Deputación da Coruña ou Expocoruña. Realizou a imaxe gráfica para o Festival do Norte de Vilagarcía de Arousa nos últimos anos, e ten ilustrado discos para grupos como Apenino, Nadadora, Nouvelle Cuisine ou Bassmatti & Vidaur. Ten realizado carteis para concertos e eventos culturais para clubs, pubs e discotecas de toda Galicia, Madrid e Barcelona. Na actualidade traballa como ilustrador e deseñador gráfico téxtil en Inditex facendo estampados para pezas de roupa.

Premios

  • Cartel do Festival Sardines de Sada, 2013
  • Cartel do Festival Curtocircuíto, Santiago de Compostela, 2012
  • Imaxe/cartelería do Día de la Música de Heineken en Madrid, 2011