Carlos Arrojo
«É clave ofrecer un enfoque personal, comunicando con claridade e enriquecendo o soporte.»
Cartel do VI Festival Nigranjazz, Concello de Nigrán, 2012
Cartel do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2014

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Alternando técnicas tradicionais e dixitais, ilustra libros, portadas, revistas, carteis etc. Compaxina este labor coa docencia, impartindo talleres e clases en diversos centros. O seu traballo ten sido recoñecido con diversos premios, como o Galicia Crea en 2009 ou o Injuve de Ilustración en 2011.

Obras destacadas

  • Cartel das Festas de María Pita, Concello da Coruña, 2015
  • Cartel de Cidade Imaxinaria, Cidade da Cultura de Galicia, 2015
  • Cartel do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2014
  • O libro da selva (cuberta), Sushi Books, 2013
  • Kora, una storia a colori (ilustracións), Lupo Editore, 2013
  • Geografía mágica (ilustracións), Siruela, 2010

Premios

  • Premio Concurso Internacional Ilustramaxima, 2015
  • Cartel VI Festival NigranJazz, 2012
  • Premio Injuve de Ilustración, 2011
  • 1.º premio ao Mellor Libro Editado Infantil e Xuvenil, Ministerio de Cultura (Geografía mágica), 2011
  • 2.º premio, Galicia Crea – Carteis, 2009