«A ilustración está nun momento álxido. A importancia que se lle está a dar á imaxe é maior ca nunca.»
Biólogo de formación artística autodidacta. En 2013, despois da autoedición da súa primeira obra longa de cómic, El caserón del acantilado, comezou a colaborar con revistas como ¡Hey! ou Exégesis, e a traballar con editoriais como Baía, Edinumen ou Tebeox. Actualmente compaxina a súa faceta como ilustrador co desenvolvemento de proxectos de cómic propios e outras actividades profesionais.