Luis Usón
«As sociedades futuras analizarannos a través da arte que lles deixemos, e será a vara de medir para nos contextualizar.»
Imaxe da curtametraxe Pinkoo, 2014
Imaxe da curtametraxe Afterwork, 2017

Dedicado ao mundo da animación por computadora, realizou curtametraxes como El club del bromista, Pinkoo ou Afterwork, gañadoras de premios como o Mestre Mateo ou Mundos Digitales, e que foron seleccionadas en festivais de todo o mundo, como Pictoplasma Berlin, 3DWire ou Annecy. Tamén ten realizado campañas publicitarias como animador e previz artist para Magnum, McDonald’s ou Boehringer, e ten desenvolvido o labor de supervisor de layout de animacións para series como Altered Carbon ou Catch-22 e longametraxes como Triple Frontier, Underwater ou The Kid Who Would Be King.

Obras destacadas

  • Afterwork (curtam.), 2017
  • Pinkoo (curtam.), 2014
  • El club del bromista (curtam.), 2011

Premios

  • Selección oficial Festival de Annecy (Afterwork), 2018
  • Pictoplasma Berlin (Pinkoo), 2015
  • Mestre Mateo (El club del bromista), 2012
  • Festival de Cans (El club del bromista), 2012
  • Mundos Digitales (El club del bromista), 2011