«Ilustrar é unha forma de vida, ademais dunha profesión que se antolla sinxela pero que é complexa e apaixonante.»
Traballou como director artístico en varias longametraxes de animación para a produtora Dygra Films. Nos últimos anos deseñou e ilustrou a identidade visual da empresa de telecomunicacións R. En 2018 publicou na Arxentina a súa primeira novela gráfica, Mr. Crabb y el paraíso, seleccionada nos Premios de Banda Dibujada (Buenos Aires). Actualmente divide a súa actividade entre o selo Vrand, especializado na ilustración para identidade visual e branding, e os traballos para editoriais e produtoras.