Josiño Souto Santé
«Encántame que o cliente desfrute e valore o meu traballo. Noutros ámbitos non ocorre.»
«O oso Yuri» (inédita). Da serie Animaladas, 2011.
«A Coruña. Noche Blanca 3 de junio», Asociación Zona Comercial Obelisco, 2013.

Tras estudar Arquitectura Técnica e traballar uns anos no mundo da construción, a crise derivouno ao da ilustración. Cursou o ciclo de Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña entre 2012 e 2014. Ten realizado traballos de ilustración e deseño para a produtora audiovisual Formato Producciones, a editorial Primerapersona, a ONGD Viraventos, a Asociación Zona Comercial Obelisco, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, o diario El Entorno Metropolitano e os grupos de música Fracasados de Antemano e Voodoo Project.

Obras destacadas

  • El Entorno Metropolitano (viñetas), 2015
  • Guía de viaxes (ilustracións), Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, 2015
  • Diáspora (CD, ilustracións), Fracasados de Antemano, 2014
  • Mundo de cores (cor e deseño), ONGD Viraventos, 2014
  • Cartel «Noche Blanca», Asociación Zona Comercial Obelisco, 2013
  • Chusco, un can vagabundo (ilustracións), Primerapersona, 2012

Premios

  • Selección, Congreso Internacional «Ilustrando a diversidade» (proxecto Animaladas), Universidade de Santiago, 2012