Diego Blanco © Alberte Peiteavel
«O debuxo é a ferramenta máis importante da ilustración, pero hai outras: debe satisfacer as necesidades do proxecto.»
Páxina de «El humor de Mr T», Injuve Cómic e Ilustración 2011
Páxina de Lobo, 2014

Estudou Belas Artes en Pontevedra. Colaborou con diversos colectivos, como Polaqia e Carne Líquida. Despois dunha etapa como ilustrador e deseñador freelance, en 2011 comezou a traballar neses mesmos ámbitos en diversas empresas, labor que compaxina co desenvolvemento de proxectos de banda deseñada, como as súas colaboracións coa revista Altar Mutante.

Obras destacadas

  • Altar Mutate (cómics), 2017-2020
  • 2132 (cómic), Asociación Entre Bambalinas, 2014
  • Tanque familiar (cómic), Polaqia, 2007
  • Pinche mundo (cómic), Polaqia, 2006

Premios

  • 2.º premio, Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2014
  • Premio do Certame de Banda Deseñada sobre Teatro, Asoc. Entre Bambalinas, 2013
  • Accésit, Certamen Injuve de Cómic e Ilustración, 2011
  • 2.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2010
  • Candidatura, Premio ao Mellor Fanzine de 2009, Salón del Cómic de Barcelona (El Dios Mofeta), 2010