Roberto M. Soler
«Cada vertente da ilustración supón as súas propias recompensas particulares e diferenciadas.»
Ilustración inédita, 2015.
Cruel y Estúpido n.º 3, autoeditado, 2015.

Cursou os estudos de Ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Entre os traballos relacionados co mundo da ilustración que foi realizando están encargos de caricaturas e ilustracións para clientes particulares, participación en exposicións colectivas, realización de cubertas para discos, ilustración de viñetas para campañas, debuxos publicitarios para tendas e logotipos de negocios, e proxectos de cómic autoeditado. Desde o ano 2014 forma parte do colectivo de ilustradores Miñoco.

Obras destacadas

  • Cruel y Estúpido (cómic), autoeditado, 2013-2015
  • Viñetas publicitarias para Metrópolis Cómics, 2014

Premios

  • 2.º premio, VII Certame de Cómic de Cangas, 2005