Siro López
«Hoxe, a ilustración recorda que a arte de verdade é cousa seria.»
Autocaricatura, para La Voz de Galicia, 2014
DEP RIP. Colección privada

Fixo humor gráfico, caricatura e ilustración en Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región, La Voz de Galicia, Diario de León, Diario 16 e varias publicacións galegas. En 1983 fixo con Xaquín Marín un manifesto en defensa do humor, que conseguiu a revalorización do traballo do humorista gráfico e o caricaturista na prensa, ademais de dar lugar ao nacemento do Museo do Humor de Fene. En 1990 deseñou a Praza do Humor da Coruña. No ano 2000 creou e coordinou Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia, ata o 2002, en que deixou de editarse. Recentemente realizou para La Voz de Galicia a sección «A Transición en imaxes».

Obras destacadas

  • A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro (ilustracións), Deputación da Coruña, 2009
  • Xente na brétema (ilustracións), La Voz de Galicia, 2003
  • In sæcula sæculorum amén (ilustracións), edición de autor, 1986
  • Coas raíces na Terra (ilustracións), Galaxia, 1980
  • Os pecados capitales (ilustracións), Galaxia, 1977

Premios

  • Socio de Honra, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, 2007
  • Medalla de Galicia, Xunta de Galicia, 1997
  • Premio Curuxa, Museo do Humor de Fene, 1996
  • Premio Fernández Latorre, La Voz de Galicia, 1986
  • Vieira do Humor Gráfico, Enxebre Orde da Vieira, 1982