Calros Silvar © Alberte Peiteavel
«A ilustración fornece unha visión diferente, singular, anovada, clarificadora, instrutiva... da realidade.»
Vida silvestre del embalse de Cecebre. Dibujando la Naturaleza, Emalcsa, 2018
«Trachemis scripta scripta e T. s. elegans», Especies invasoras, ADEGA, 2019

Licenciado en Belas Artes. Desenvolveu labores de ilustrador editorial, caricaturista e humorista gráfico entre 1978 e 2000. Foi deseñador de produto nas Cerámicas do Castro, do Grupo Sargadelos, entre 1980 e 2010, e ilustrador en Baía Edicións desde 2004 ata 2013. Actualmente é ilustrador independente, e imparte cursos de ilustración da natureza no CEIDA de Santa Cruz (Oleiros).

Obras destacadas

  • Poemas ferroláns [Ricardo Carballo Calero] (ilustracións), Edicións Embora, 2020
  • Colección «Baía Verde de Guías da Natureza Galega» (ilustracións), Baía Edicións, 1992-2009
  • Colección «A Nosa Natureza», A Nosa Terra, 1996-1997

Premios

  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado, Asociación Galega de Editores, 2007
  • Mención, Premio de Dibujo Penagos, Madrid, 1992
  • 1.º Premio Curuxa do Humor, Fene, 1988
  • 1.º Premio de Banda Deseñada O Facho, A Coruña, 1985
  • 2.º Premio de Banda Deseñada Casa da Xuventude de Ourense, 1985