«Camiñar entre árbores é un bo comezo para min: a cabeciña límpase para deixar sitio á claridade.»
Ilustradora e deseñadora gráfica, cursou estudos de filoloxía inglesa. Actualmente traballa como deseñadora gráfica en Netex, empresa dedicada ao e-learning, e compaxina este traballo con colaboracións e publicacións no mundo da ilustración.