Marina Seoane Pascual
«O cliente perfecto dá liberdade, espera de ti o mellor e paga ben.»
Cuberta de Gluscabi y los animales, Cengage Learning & National Geographic Learning, 2015
Cuberta da novela xuvenil El elixir curalotodo, Editorial Babidibú, 2014

Licenciada en escultura pola Facultade de Belas Artes de Madrid. Ten colaborado con máis de corenta editoriais españolas e estranxeiras, estudios de deseño e organismos oficiais. Así, ilustrou arredor de 250 libros (entre contos, novelas infantís e xuvenís, libros de texto etc.), e publicou como escritora cinco contos (en Anaya, San Pablo, Bruño e Edimáter). Ademais, elaborou diversos carteis de animación á lectura, e realizou once exposicións individuais e numerosas exposicións colectivas. Entre 2009 e 2013 foi directora artística da editorial Edimáter, e entre 2013 e 2015 foi presidenta da AGPI.

Obras destacadas

  • El burlador de Sevilla (ilustracións), Oxford, 2015
  • ¡Lo que nos gusta viajar por aire, por tierra o mar! (ilustracións), Algar, 2015
  • Gluscabi y los animales (ilustracións), National Geographic Learning / Cengage Learding, 2015
  • Where the Mountain Meets The Moon (ilustracións), National Geographic Learning / Composure Graphics, 2015
  • El león y el ratón (ilustracións), Oxford, 2014
  • La cigarra y la hormiga (ilustracións), Oxford, 2014

Premios

  • Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas – Ilustración, Gálix, 2006
  • 1.º premio, Libro Mejor Editado – Libros de Enseñanza, Ministerio de Educación y Cultura, 1999
  • Lista de Honor CCEI de Literatura Infantil y Juvenil, 1998
  • Selección The White Ravens, Múnic, 1997