Iria do Castelo © Alberte Peiteavel
«No meu traballo ando na pescuda dos recantos escuros, dos monstros que me asustan e me marabillan.»
Cartel das Festas de María Pita, Concello da Coruña, 2018
Cartel de Os nenos da varíola, Pérez & Fernández, 2020

Cursou estudos na Escola Pablo Picasso da Coruña e na Fundación CIEC de Betanzos. Traballa con galerías de Oviedo, Barcelona, Santander, Melbourne e Hong Kong. Ten exposto no Centro Yollin Ollitzl de México, no MACRO Testaccio de Roma ou no Downstairs 47 de Nova Delhi. Ten participado en feiras de arte como Art Madrid ou Swab Barcelona, na MIIC de Santiago de Compostela e na exposición Ilustradas, a look at female creation in contemporary illustration, do Instituto Cervantes de Nova York. Como ilustradora fixo carteis para deseños de marca (A&Y, The Farm House) e portadas de discos.

Obras destacadas

  • Campaña gráfica para Os nenos da varíola, Compañía de Teatro Pérez & Fernández, 2020
  • Poemario de Yolanda Castaño (ilustracións), Antolog Books (Macedonia), 2020
  • Campaña gráfica para as Festas de María Pita, Concello da Coruña, 2018

Premios

  • Bolsa na Uttarayan Arts Foundation (Vadodara, Gujarat, India), 2014
  • Residencia artística no MAC A Coruña, 2013
  • Bolsa Fundación CIEC en Alfara Studio, Salamanca, 2012
  • Bolsa na Fundación CIEC, Betanzos, 2011
  • Seleccionada por Antonio López para a III Cátedra Extraordinaria Ciudad de Albacete, 2011