Luis Sendón © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto é o que ten as ideas claras e sabe aproveitar as características propias dun ilustrador fronte a outro.»
Ilustración para FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, 2015
Portada da revista Altar Mutante n.º 1, 2014

Ilustrador e deseñador gráfico, ten ilustrado varios libros, como Hércules e Xerión (con textos de Manuel Almofrei), Adeliña (de Celia Díaz), Reflejos del Abismo (de Carlos Dopico) e Blod til Baphometh (de Benni Bødker). Membro do Colectivo Polaqia, participou na revista Barsowia. Ten editados dous álbums escritos por Álvaro López, 38 e Sálpock: O val dos Cegos, e publicou dous números da serie Amair, con guión de Kike Benlloch. Codirixe a revista de BD Altar Mutante, onde publica a serie Reino d’Muertos, escrita por Manel Cráneo. O libro Ad mortem recompila boa parte do seu traballo para bandas e festivais dos últimos anos.

Obras destacadas

  • El ritmo de los sonidos (ilustracións, con Santy Gutiérrez), Asociación Gallega de Psiquiatría, 2019
  • Corresponsabilidade vol. 1 e vol. 2 (ilustracións), Concello da Coruña, 2009
  • Controla vol. 1 e vol. 2 (ilustracións), Xunta de Galicia, 2005-2006
  • La cocina de Picadillo & Pardo Bazán (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2003
  • Galicia de conto (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2003
  • Unha soa bágoa (ilustracións), Hércules de Ediciones, 2002

Premios

  • Finalista, Premio de Banda Deseñada Castelao, Deputación da Coruña, 2011
  • 2.º premio, Concurso de Banda Deseñada de Cangas, 2006
  • Cartel de San Xoán, Concello de Carballo, 2005
  • 3.º premio – mod. Adulto, IX Concurso de Banda Deseñada de Arteixo, 2004
  • Premio Pura e Dora Vazquez de Ilustración, Deputación de Ourense, 2003