Cristo Aleister
«A clave para un bo traballo de ilustración está na comunicación entre o cliente e mais o ilustrador.»
«Cartografía da dor», en H2Oil, 2003.
Cartel para L’Étrange Festival, MadCineClub, 2011.

Estudou na Escola Pablo Picasso e tras traballar no mercado editorial para Espiral Maior, Dorna, Letras de Cal e Elipse trasladouse a Madrid a traballar para outros mercados (musical, editorial, publicitario, audiovisual, multimedia), con clientes como Universal, Fernandes Guitars, Campari, JTI, L’Étrange Festival ou The Music Sales Group. Centrado no campo do deseño museístico, editorial e da tipografía, cursou un mestrado de tipografía con Jonathan Barnbrook en Londres e traballou en proxectos como o Museo Mystetskyi Arsenal en Kiev (Ucraína) ou o Resolution (Irlanda do Norte) e desenvolvendo libros para Blurb Books. Na actualidade é director artístico da revista dixital O Botafumeiro.

Obras destacadas

  • «L’Agent – Agent Provocateur» (anuncio), Douchebag Prod, 2011
  • L’Étrange Festival (identidade), MadCineClub, 2011
  • Snip (curtam., dirección artística), Vernhes&Zenier Ltd., 2008
  • Paradÿsso (disco: ilustración), Sôber, MuXXIc/Universal Music, 2003
  • Synthesis (disco: ilustración), Sôber, Zero Records, 2001
  • Vivimos no Ciclo das Erofanías (ilustracións), Espiral Maior, 1999

Premios

  • Selección en Fontshop Valentype, 2013
  • Mellor Arte de Álbum, Premios al Rock Carlos Pina, 2008
  • Sol de Plata ao mellor posicionamento de produto, Festival Publicidad Sol, 2006