Diego Sendón © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto é como un unicornio: non existe, pero a todo o mundo lle encantaría ver un.»
«Un pequeno gran rato», inédita, 2013
Ilustración inédita, 2015

Estudou Ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña, e despois fixo o ciclo superior de Animación 2D, 3D e Deseño de interactivos na Escola de Imaxe e Son. Desde entón ten traballado de ilustrador, deseñador gráfico, fotógrafo e editor de vídeo en numerosas empresas e como freelance.

Obras destacadas

  • Altar Mutante (cómic), 2015-2016
  • O terceiro porco (curtam.: storyboard), 2014
  • Vady (cómic), Ver+medios, 2014
  • Ilustracións para Scouts de Galicia, 2012-2013
  • Controla (cómic), Xunta de Galicia, 2005

Premios

  • Accésit, Concurso de Cómic O Alfaiate, A Coruña, 2005
  • 3.º premio – Xuvenil, Certame de Cómic e Ilustración de Arteixo, 1999