Irene Sanjuán Quijada
«O estado actual da ilustración aínda é moi precario no que se refire ás condicións laborais.»
De profesión inventor, Bululú, 2014
Proba para Santillana, 2014

Estudou Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña, Ilustración na Escola Pablo Picasso, Estilismo e Deseño de moda na Escola Goymar da Coruña, Serigrafía téxtil na Saint Martin’s School de Londres e Deseño Gráfico en IFES da Coruña. Traballou como deseñadora no departamento de márketing de Caramelo (A Coruña), realizou pezas gráficas para a tenda online de Nanos e fixo ilustracións para as webs de Dismedia (Desarrollos TIC SLL) e EducaInflamatoria (Complexo Hospitalario de Ferrol). Participou como relatora no curso de verán da Universidade da Coruña «5 actitudes para el éxito».

Obras destacadas

  • Marca eres tú (ilustracións), Editorial Rasche, 2015
  • De profesión inventor (ilustracións), Bululú, 2014