«As institucións deberían encargarlles máis cousas a ilustradores e menos a deseñadores que tiran de banco de imaxes.»
Estudou na Escola Antonio Faílde de Ourense. Asentouse na Coruña para traballar en varios filmes de animación, e despois desa etapa dedicouse de cheo á creación de banda deseñada. Membro fundador do Colectivo Polaqia, ten colaborado en numerosas publicacións. Desde 2005 ten publicado unha vintena de libros, editados en galego, castelán, inglés, francés, italiano e checo, e actualmente compatibiliza traballos para o mercado europeo con outros realizados directamente para o norteamericano, con guións propios e doutros autores. En 2020 a súa obra foi obxecto dunha exposición monográfica itinerante auspiciada por Afundación.