«O cliente perfecto dun ilustrador é o que valora o oficio e se deixa aconsellar.»
Ten formación basicamente autodidacta. Realizou como autor completo o fanzine de cómic Gris. Ilustrou os CD Entre tangos, do grupo EnClave (portada, contraportada e deseños interiores), e Chapter I, do grupo Midnight Sounds. Tamén fixo deseños e carteis de eventos para o grupo EnClave, a Asociación Prodar ou o Galaicum Ensemble.