«Actualmente, a ilustración é un sector en alza e moi demandado, pero ao que se falta ao respecto terriblemente no ámbito económico.»
Estudou unha enxeñería, e despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica titulouse en Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido por I con I (Madrid). Desde 2015 leva publicados máis de 15 libros ilustrados, labor que compaxina co seu obradoiro creativo para público infantil e adulto.