Manuel Cráneo
«A liberdade que me dan un lapis e un papel en branco non a atopo noutras cousas.»
Destino Hërgüss, Demo Editorial, 2015.
Roböts Homologados, Planeta Mincha, inédita, 2015.

Como autor de cómic e ilustrador, colaborou en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, Subterfuge Comics, Boletín Galego de Literatura, Caña ou Golfiño. Colaborou en volumes colectivos como Fito y Fitipaldis, Artículo 20 ou H2Oil. Como ilustrador ten traballado para, entre outras, Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais, Porto Editora, Edelvives e Everest. Tamén para axencias de publicidade como Imaxe e Galicia Comunicación, ou produtoras como Continental, Portozás Visión e Mondotropo. A súa obra gráfica ten sido exposta en diversos países. Foi presidente de AGPI e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales).

Obras destacadas

  • Destino Hërgüss (cómic), Demo Editorial, 2015
  • Pichük’s Travels (curtam. animación), 2015
  • Vento e chuvia (ilustracións), Xerais, 2013
  • A torre dos Mouros (cómic), Demo Editorial, 2012
  • Cousas de mortos (cómic), Demo Editorial, 2012
  • «Diario de Pichük» (serie de libros ilustrados), Everest, 2012 

Premios

  • Axudas para a creación de banda deseñada, Xunta de Galicia, 2010
  • Seleccionado na Bienal de Bratislava, 2005
  • Premio Concurso de Cómic San Andrés de Rabanedo, León, 2004
  • Premio Nacional de Cómic sobre Federico García Lorca, Granada, 1998