Algarabía Animación © Alberte Peiteavel
«Motívanos conseguir que o espectador se identifique cos personaxes e se emocione coas súas historias.»
Felicitación de Nadal «Happy 2020», 2019
La momia, vídeo para YouTube, 2019

Virginia Curiá e Tomás Conde son unha parella de cineastas especializados en animación stop motion con personaxes modelados con plastilina. En 1994 finalizaron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da Coruña; alí realizaron o seu primeiro traballo de animación, Alegrías de Puerta Tierra, seleccionado polo Ministerio de Cultura como mostra de cine español no estranxeiro. Fundaron entón a produtora Algarabía Animación, e ata agora dirixiron e animaron catorce curtametraxes, dúas series, continuidade televisiva e campañas publicitarias para Gadis, Unicef, Inditex, MMT, Estrella Galicia, TVG, EVO Banco, Galicia Calidade e Cosmopolitan TV. Tamén dirixiron a longametraxe de animación 3D Meigallos.

Obras destacadas

  • Brujerías (Meigallos) (longam.), 2015
  • Carrera de la Mujer (spot), Cosmopolitan TV, 2015
  • Equilibrium (curtam.), Inditex, 2012
  • O soldadiño de chumbo (curtam.), 2008
  • Serie ¿E por qué? (52 curtam.), 2005
  • Serie A lingua animada (7 curtam.), 2000-2003

Premios

  • Premio do Público Novo, Festival Ecozine de Zaragoza (Equilibrium), 2014
  • Premio Mestre Mateo «Mellor anuncio publicitario» (Estrella Galicia Feliz Navidad), 2013-2014
  • Premio Mellor Curtametraxe de Animación, Festival Pata Negra de Guijuelo (O soldadiño de chumbo), 2009
  • Premio Mestre Mateo «Produción publicitaria» (Las noticias del Guiñol, Canal+), 2007
  • 1.º premio, Federación de Cineclubes de Galicia-Portugal (Good night mon ami), 2003