ROQUE ROMERO
«A ilustración é unha forma de comunicación accesible por todo o mundo, independentemente de linguas, credos, culturas ou recursos.»
Monster is People. Inédita, 2015
Weird City Coda. Inédita, 2010

Licenciado en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais. Traballou como deseñador, ilustrador, animador e maquetador para a empresa Imaxín Software (Santiago de Compostela), e como desenvolvedor de contidos para Netex Knowledge Factory (A Coruña). Colaborou na revista Barsowia (Polaqia). É deseñador e ilustrador de produto para Barbamigos.com. Colabora na publicación Island, de Image Comics.

Obras destacadas

  • La monstruoteca (ilustración), Barbamigos, 2014
  • Zooloco / Zoo Zoroa (videoxogo), Elhuyar Fundazioa / Imaxin Software, 2009
  • Clmntk: O xogo (videoxogo), 2008
  • Polaqia’s Sketchbook 2 – Roque Romero (ilustración), Polaqia, 2008

Premios

  • Accésit, Certame Galego de Banda Deseñada, con Diego Blanco, 1999
  • Accésit, Concurso Creación Joven – Cómic, Madrid, 2006