«A clave é unha boa idea que comunique o que se quere transmitir e unha realización clara, con forza, e bonita, a poder ser.»
Estudou deseño gráfico na Escola Ramón Falcón de Lugo e ilustración na Escola Massana de Barcelona. Traballou con revistas como El País Semanal, Rolling Stone ou Vice. Realizou traballos de publicidade con clientes como Seat; creou a imaxe gráfica e o deseño do grupo The New Raemon, así como doutros clientes como Lolacool. Ilustrou libros xuvenís coa editorial francesa Le Rouergue. Traballou na película de animación Psiconautas, de Alberto Vázquez, e dirixiu a curtametraxe animada La noche. Varias das súas obras foron publicadas tanto en Francia como en España.