Miguel Cuba © Alberte Peiteavel
«A ilustración é unha linguaxe máis universal que calquera idioma e un medio moi didáctico.»
Ilustración para Landra Gráfica, 2020
Obra para a exposición Iconville. La ciudad de los signos (Galería Metro, Santiago de Compostela), 2012

Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ten combinado a investigación coa súa carreira como artista visual, ilustrador e autor de BD. Obtivo, entre outras, bolsas artísticas na Casa Velázquez en Madrid (2015), no Colegio de España en París (2014) e na Academia de España en Roma (2013). Entre as súas mostras individuais están BD de l’Akrasie (París, 2015), Iconville. La ciudad de los signos (Santiago de Compostela, 2012) e Visiones de Babilonia (A Coruña, 2010). Colaborou con ilustracións en revistas como Pueblos, Tempo Exterior, Dorna ou Cerna. En 2018 fundou Landra Gráfica, un laboratorio de deseño e ilustración.

Obras destacadas

  • O puño e a letra (cómic), Edicións Xerais, 2018
  • País das Letras (ilustración), A Mesa pola Normalización Lingüística, 2017
  • Conservación preventiva para todos. Una guía ilustrada (ilustracións), Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, 2014
  • Guía psicogeográfica de Roma: 16 mapas para perderse (ilustracións), Aecid/Exit, 2013
  • Punto de fuga (cómic), Demo Editorial, 2011
  • As crónicas chairegas (ilustracións), Fundación Manuel María, 2008

Premios

  • Premio Auditorio de Galicia (obra seleccionada), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2018
  • 2.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2012
  • Axudas para a creación de banda deseñada, Xunta de Galicia, 2010
  • 1.º premio, Certame Xuventude Crea – Pintura, 2010
  • 1.º premio, Certame Novos Valores da Deputación de Pontevedra, 2009