«En ilustración, seguimos a pelexar por uns dereitos mínimos en cada proxecto e con cada cliente.»
Estudou Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois Belas Artes na Complutense de Madrid. Fixo un curso de Design thinking na Mr Marcel School de Madrid. Entre 2008 e 2010 traballou no estudio de arquitectura e escenografía de Domenico Prati. Ten ilustrado libros de texto, literatura infantil e xuvenil e carteis. En 2009 realizou o mural da biblioteca pública de Soutomaior (Pontevedra). É membro do Estudio Baobab da Coruña.