EMMA RÍOS © Alberte Peiteavel
«Defendo a arte en xeral como ferramenta de expresión e de cambio moi poderosa.»
Páxina de I.D., Image Comics, 2015
Páxina de Pretty Deadly / Bella Muerte, Image Comics / Astiberri, 2014

Colaborou co Colectivo Polaqia ata a súa disolución en 2011. Na actualidade traballa principalmente para o mercado americano de BD; comezou en Marvel (Amazing Spider-Man, Doctor Extraño) e concéntrase agora en traballos de creación propia amparada pola editorial Image. Con Pretty Deadly (Bella Muerte), xunto a Kelly Sue DeConnick, foi candidata a dous premios Eisner en 2014 e finalmente gañadora como portadista en 2020. Coeditou xunto a Brandon Graham a revista Island, onde incluíu I. D., obra en solitario de ciencia ficción. En Mirror colabora, conxuntamente en labores de guión e de debuxo, coa artista malaia Hwei Lim.

Obras destacadas

  • Pretty Deadly / Bella Muerte 1, 2 e 3 (cómic), Image / Astiberri, 2014-2020
  • Mirror 1 e 2 (cómic), Image / Astiberri, 2017-2019
  • I. D. (cómic), Image / Astiberri, 2016
  • Amadís de Gaula (cómic), SM, 2009
  • Hexed (cómic), Boom! Studios / El Patito, 2008
  • APB – A prueba de balas 1, 2 e 3 (cómic), Polaqia, 2003-2005

Premios

  • «Best Cover», Eisner Awards (Pretty Deadly), 2020
  • Candidaturas «Best Penciller/Inker» e «Best Cover», Eisner Awards, 2014
  • Premio Autor Revelación, Expocómic, Madrid, 2008
  • 3.º premio, Certame Galego de Banda Deseñada, 2004
  • 1.º premio, Concurso de Cómic de Arteixo, 1999