EL PRIMO RAMÓN
«A clave é ser quen de transmitir unha idea, ás veces moi complexa, coas ferramentas propias da linguaxe visual.»
Ilustración para a mostra colectiva 4 a 4, Ese Sitio, A Coruña, 2019
Le Tour du monde en 80 jours, Éditions Auzou, 2018

El Primo Ramón son Borja López Cotelo, arquitecto e doutor en expresión gráfica, e María Olmo Béjar, arquitecta. Con As cousas que importan (Bululú, 2015) debutaron como autores de texto e ilustracións. Teñen traballado con editoriais do Reino Unido, EUA, China e Francia, ilustrando proxectos educativos para Usborne Publishing, Oxford University Press ou Pearson Education, e literatura infantil (Éditions Auzou, Ta Chien Publishing) e xuvenil (Capstone Publishing, Henry Holt-Macmillan). No campo audiovisual, ilustraron dúas series para o canal de radio infantil CBeebies, da BBC.

Obras destacadas

  • Climate Crisis for Beginners (ilustracións), Usborne Publishing, 2020
  • Aesop’s Fables (ilustracións), Ta Chien Publishing, 2020
  • Digi-Tales, CBeebies (ilustracións), BBC, 2019
  • Samuel Morse, That’s who! (ilustracións), Henry Holt-Macmillan, 2019
  • Le Tour du monde en 80 jours (ilustracións), Éditions Auzou, 2018
  • Nuevo Mundo. Isabel Zendal en la expedición de la vacuna (ilustracións), Bululú, 2018

Premios

  • Selección na NSTA Best STEM Book List (Samuel Morse, That’s who!), 2020
  • Premio Frei Martín Sarmiento (Nuevo Mundo), 2018
  • Midwest Book Award (Children’s Non-fiction) (Hedy’s Journey), 2018
  • Indies Book of the Year Award (Silver, Juvenile Nonfiction) (Hedy’s Journey), 2017
  • 1.º Premio Curuxa de Humor Gráfico, Museo do Humor de Fene, 2017