XULIA PISÓN © Alberte Peiteavel
«Resulta curioso como, se tes esa necesidade de crear, esta volve sempre a ti, por moito que intentes deixala afastada.»
Cartel do Día da Ilustración, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 2020
Peza para o proxecto persoal #calendarioidiota, 2020

Despois de deixar a profesión de enfermería, cursou estudos superiores de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Actualmente desenvolve o seu traballo nos campos da banda deseñada, a ilustración e o humor gráfico. Ten colaborado coa revista Luzes, Edicións Xerais e Unidad Editorial, así como con entidades públicas como a Universidade da Coruña, o Concello da Coruña ou a Xunta de Galicia, e combina todo isto cos seus propios proxectos creativos.

Obras destacadas

  • Aruna (curtam.: animación), Artecalavera, 2020
  • Microalgas. O mar de Ardora / Microalgas. El mar de Ardora (cómic), Universidade da Coruña, 2020
  • Microalgas. O mundo oculto / Microalgas. El mundo oculto (cómic), Universidade da Coruña, 2018
  • Legado (cómic), Alita Comics, 2018
  • (∞ – 1) (cómic), Alita Cómics, 2016
  • McCactus (cómic), autoedición, 2015

Premios

  • Premio extraordinario en Ensinanzas Artísticas Profesionais na modalidade de Artes Plásticas con proxecto de banda deseñada, 2017-2018
  • 1.º premio, Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2015
  • 1.º premio, Concurso de Carteis do XXXVI Festival Irmandiño de Moeche, 2015