PINTURERO
«O cliente ideal sabe o que quiere, escolle o ilustrador adecuado para cada encargo, e paga puntualmente.»
Libro The Art of Pinturero, SQP Publishing, 2014
Portada de Dust, Modiphius Entertainment, 2015

Formouse na Escuela Superior de Dibujo Profesional de Madrid (ESDIP), onde tamén foi profesor de ilustración e aerografía durante varios anos, ata o 2001. Desde entón, ten desenvolvido a súa carreira nos campos da ilustración publicitaria (cartelería, storyboard, creación de mascotas...) e a ilustración editorial (portadas de libros, material didáctico). Destaca o seu traballo como portadista e ilustrador de pin-ups publicado dentro e fóra de España, recompilado polas editoriais Dibbuks no seu libro Rapazas: Las pin-up de Pinturero e SQP Publishing en The Art of Pinturero.

Obras destacadas

  • Dust (xogo de rol: portada), Modiphius Entertainment, 2015
  • Creación da mascota Nette (Panettes con chocolate), Mk Lab para Quely, 2015
  • Suplemento «Cultura» de El País (portada), 2014
  • The Art of Pinturero (ilustracións), SQP Publishing, 2014
  • Celsius 232 – Festival de terror, fantasía y ciencia ficción de Avilés (cartel), 2014
  • Creación da mascota La Vaka Mágika, Grupo Bittia para Central Lechera Asturiana, 2010