DAVID PINTOR
«O estado actual da ilustración? Paradoxal.»
Inédito, 2015
Revista Leer, 2012

Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor. En 1993 comezou a traballar en humor gráfico para prensa co guionista Carlos López, baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto. As súas tiras cómicas apareceron en xornais como Diario 16, La Voz de Baleares ou Diario de León, ademais de en La Voz de Galicia. No campo da ilustración, colaborou con editoriais como Everest, SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos ou Combel. Realizou ilustracións e cómics para as revistas El Virus Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO e Sapoconcho. Ten participado en numerosas exposicións de ámbito nacional e internacional.

Obras destacadas

  • Il fantastico mondo di Alice (ilustracións), Lapis Edizioni (Italia), 2015
  • Barcelona (ilustracións), Kalandraka, 2015
  • La piccola grande guerra (ilustracións), Lapis Edizioni (Italia), 2015
  • O Grande Chefe (ilustracións), Tcharan (Portugal), 2012
  • Gulliver’s Travels (ilustracións), Agaworld (Corea), 2011

Premios

  • Premio especial, Nami Island International Illustration Concours (Corea), 2013
  • 2.º premio, Sharjah Bookfair (Emiratos Árabes Unidos), 2012
  • Seleccionado para a Bologna Children’s Book Fair en 4 ocasións
  • Seleccionado para a Bienal de Bratislava en 4 ocasións
  • Seleccionado na lista White Ravens en 3 ocasións