UXÍA PIN
«É outra forma de narrar. A ilustración estimula a creatividade e o espírito crítico e reflexivo do lector.»
Inédita, 2015
Inédita, 2015

Cursou estudos de ilustración, deseño gráfico e gravado. Alterna traballos de ilustración cos de deseño. A maior parte da súa traxectoria como ilustradora está centrada no sector infantil, sobre todo no libro de texto, con clientes como Edicións Tambre e INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado).

Obras destacadas

  • Cartel das Festas de María Pita, A Coruña, 2016
  • Moussec – Evento Gastro electrónico (imaxe corporativa e animación), Restaurante Paprica, Lugo, 2014
  • Escape From the Pyramid (videoxogo: animación), Inteligencia Visual, 2013
  • Ilustración de obras literarias para INTEF, 2007-2011
  • Ilustración de libros de texto para Editorial Tambre, 2007-2008