PERDIVEL (REBECA V. BERNARDO) © Alberte Peiteavel
«Non creo que a ilustración en si mesma sexa a que cambie a sociedade; creo que a súa presenza é sinónimo da saúde desta.»
Inédita, 2015
Inédita, 2015

Estudou o ciclo superior de Ilustración e o grao de Deseño Gráfico na EASD Pablo Picasso da Coruña. Traballou na empresa Neograf, na que desenvolveu tarefas moi diversas de deseño e ilustración para clientes como o grupo Inditex ou Estrella Galicia. Despois, estableceuse como freelance e ten realizado diferentes proxectos de ilustración. É membro do Colectivo Miñoco.

Obras destacadas

  • Novas olladas aos clásicos ilustrados (ilustración), AGPI, 2015
  • Fanzine Miñoco (ilustración), 2015
  • Caderno AGPI 2105 (ilustración), AGPI, 2014
  • Ilustración para escaparate, campaña primavera/verán de Pull & Bear, C. C. Citadium, París, 2013
  • Belio 27, 30 e 31 (ilustracións), 2008-2013
  • E ata aquí podo ler (ilustración), AGPI, 2010