JORGE PERAL
«Os peores traballos ilustrados son os que, por un control excesivo por parte do cliente, carecen da marca persoal do autor.»
Páxina de El artesano (novela gráfica inédita), 2015
Portada de Compota de Manatí n.º 2, 2015

Tras acabar os seus estudos de ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña, comezou a traballar como freelance. Ilustrou varios libros infantís para a editorial Meubook e colaborou con Éditions Maison des Langues no seu libro de texto ¿Hablamos? É cofundador do colectivo de ilustradores Miñoco e, desde 2012, codirixe o fanzine Compota de Manatí, que inclúe tamén historietas súas. Actualmente traballa como concept artist e animador 2D en Gazpacho Games, desenvolvendo o videoxogo independente Cain. Compaxina isto con encargos e co seu propio proxecto, a novela gráfica El artesano, con guión de Víctor Fernández.

Obras destacadas

  • Taberna espacial (serie «Manteis ilustrados»), Salón do Libro de Pontevedra, 2015
  • Compota de Manatí n.º 2 (portada e cómic), 2015
  • Nanomachina (videoxogo: ‘concept art’, animación, fondos), Gazpacho Games, 2015
  • «Ciclón» (ilustración), para Estirpe (longam.), Adrián López, 2014
  • ESC. (videoxogo: ‘concept art’, animación, fondos), Gazpacho Games, 2014
  • ¿Hablamos? (ilustracións), Éditions Maison des Langues, 2012

Premios

  • 1.º premio, mod. Manga, Certamen de Cómic Ayuntamiento de Las Rozas 2012