XURXO G. PENALTA © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto é un mesmo.»
Ilustración para cartel de Wake Up Electronic Parties (El Bosque, Cambre), 2013
Portada de 8House: Kiem, con Brandon Graham, Image Comics, 2015

Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra, fixo un mestrado en estudos visuais no College of Art and Design de Minneapolis (EUA). Conseguiu bolsas de estudo das deputacións da Coruña e Pontevedra. Participou na revista Barsowia e ten traballado coas editoriais estadounidenses Marvel Comics, Dark Horse, IDW Publishing e Image. Foi director creativo de Vazva, CAV Surfing Project e Cabreiroá Wahrld e da banda Luis Brea y el Miedo.

Obras destacadas

  • Prophet Vol. 4: Joining (cómic), Image Comics, 2016
  • 8House: Kiem (cómic), Image Comics, 2015
  • The Amazing Spider-Man: The Gauntlet (cómic), Marvel Comics, 2011
  • Terror, Inc. – Apocalypse Soon (cómic), Marvel Comics, 2009
  • Assitant Sized Marvel Spectacular (cómic), Marvel Comics, 2009

Premios

  • 1.º premio, Comarca do Sar, Padrón, 2000
  • 1.º premio, Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 99, 1999
  • Accésit, XI Concurso Galego de Banda Deseñada, 1995