TXEMA MORA
«Ilustrar consiste en solucionar visualmente problemas que comuniquen unha idea, e que, á vez, introduzan un factor de distinción.»
Proposta para campaña da Xunta de Galicia, 2014
Proxecto persoal, 2014

Licenciado en Dereito, fixo un mestrado en Infografía (CEV, Madrid, 1994) e outro en Técnicas Multimedia (Tracor Arts School, Madrid, 1996). Foi consultor de Apple España e profesor do Istituto Europeo di Design. Traballou para as axencias Ogilvy, eOne, Maxan, Neo e DNA, e actualmente ten o seu propio estudio.

Obras destacadas

  • Campaña de proximidade de Estrella Galicia (ilustracións), 2015
  • Identidade gráfica El Huerto, 2015
  • Cerveza de Bodega de Estrella Galicia (ilustracións), 2014