JAVI MONTES
«O mellor da profesión é a posibilidade de crear da nada, coas mesmas ferramentas, proxectos moi diversos.»
Marcovaldo ou as estacións na cidade, Xerais, 2013
A Illa do tesouro, Xerais, 2012

Estudou Deseño Gráfico na Escola de Artes Pablo Picasso e durante uns anos compaxinou labores de ilustración e deseño. En 1999 comezou a traballar en La Opinión de A Coruña, xa exclusivamente como humorista gráfico e ilustrador, e, pouco despois, en Bren Entertainment, facendo storyboards e deseño de produción para animación. En 2002 estableceuse como ilustrador independente e fundou con outros ilustradores o estudio Baobab. Desde entón traballa facendo ilustración editorial, publicidade e principalmente cómic, como debuxante ou colorista; como colorista ten colaborado coas principais editoriais de cómic dos mercados americano e franco-belga, como Marvel, DC, Dargaud ou Le Lombard.

Obras destacadas

  • Colección Xabaril (ilustración), Xerais, 2007-2015
  • Murais para Meirande – Centro de Interpretación de Rande, Redondela, 2013
  • El llac de les xiquetes mudes (ilustracións), Bromera, 2010
  • Do A ao Z con Rosalía (ilustracións), Everest, 2009
  • O dromedario nadador (ilustracións), Obradoiro, 2005
  • «Rocket B» (cómic), Mister K (con M. Robledo), 2004-2006